O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, mantivo hoxe unha vídeo conferencia cos responsables dos centros privados galegos para informarlles das medidas concretas que se van adoptar en cumprimento do disposto polo Ministerio de Sanidade.

O Sergas e os hospitais privados funcionarán como un sistema único e integral

O Servizo Galego de Saúde e os hospitais privados de Galicia van funcionar como un sistema único e integral, en cumprimento do disposto polas medidas adoptadas polo Ministerio de Sanidade. Deste xeito, o Goberno galego continúa coa coordinación con diferentes axentes para establecer actuacións centradas na prevención para conter o contaxio do COVID-19.

Esta mesma mañá, o conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, mantivo unha vídeo conferencia cos responsables dos centros privados galegos para informarlles das medidas concretas que se porán en marcha para a coordinación integral da asistencia sanitaria entre hospitais públicos e privados.

Así mesmo, o conselleiro destacou que tamén se estableceu contacto con todas as empresas de ambulancias de Galicia, para elaborar un censo e establecer a coordinación necesaria que permita mobilizar os vehículos en caso de necesidade.

Durante a xuntanza Almuiña destacou que a Xunta continúa a mantendo o contacto con todos os axentes socioeconómicos de Galicia, en alerta e cunha vixilancia permanente para actualizar todas as medidas de reco9mendacións.

O conselleiro lembrou que a Xunta segue traballando desde a máxima coordinación tanto interdepartamental como co Ministerio de Sanidade.
 

Print Friendly, PDF & Email
Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada