viernes. 19.04.2024

A entrega dos XV Premios á Calidade Lingüística que convoca a Universidade de Santiago de Compostela (USC) a través do seu Servizo de Normalización Lingüística, co apoio da Consellería de Cultura e Turismo, por medio da Secretaría Xeral de Política Lingüística, contaron coa participación do secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García.

Os galardóns abranguen o recoñecemento de aspectos lingüísticos, de estruturación da información, de redacción, de deseño e de coherencia no emprego da lingua galega en traballos académicos. O acto celebrouse na Facultade de Xeografía e Historia e foi presidido polo reitor, Antonio López.

Entregados os XV Premios á Calidade Lingüística