jueves. 25.04.2024

Tan só quedan catro días para inscribirse no catálogo de propostas culturais do concello de Ponteareas para o ano 2020.

Ata

o día 6 de marzo os grupos de música, teatro, danza e outras modalidades

artísticas poden inscribirse neste catálogo que ten unha tripla función, dota

ás entidades interesadas dunha ampla oferta de propostas culturais, promociona

as iniciativas artísticas locais e impulsa a riqueza da cultura popular

existente no noso concello.

Fernando Groba, concelleiro de Cultura, explica que pretende ser ademais un instrumento vivo, útil e eficaz para o coñecemento das diferentes iniciativas artísticas que existen no concello. Neste catálogo recollerase información detallada sobre cada un dos grupos ou artistas de xeito que as entidades interesadas e organizadoras de actividades poidan programar tomando como referencia este catáogo e atopen nel unha ampla oferta.

Bandas

de música, masas corais, grupos de baile folclórico, música clásica, música

tradicional, charangas, grupos músico-vocais, teatro, grupos de playback,

pop-rock ou outras modalidades como as e animación infantil, audiovisual,

ballet, cantautores, magos ou poetas.

O prazo de presentación estará aberto ata o 6 de marzo ás 23.59 horas e será preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible no apartado de Cultura da páxina web do Concello

Para ser oferta cultural cómpre estar no catálogo ponteareán