viernes. 29.03.2024

Tui despide este

domingo, 1 de mazo, o Entroido coa celebración do Enterro do Bacallau.

Este evento comezará ás 19.30 horas na Praza de San Fernando dende onde partirán os membros das 12 comparsas que desfilaron o martes nas rúas novas da cidade, así coma todas aquelas persoas que o desexen, de rigoroso loito.

O percorrido irá

pola rúas Seixas, Porta da Pía, Ordóñez, Paseo da Corredoira, con parada no

Cantón de Diómedes para realizar o funeral ao finado Bacallau. A comitiva

continuará polas rúas Augusto González Besada, Ourense e rematará no

Aparcadoiro Municipal, onde terá lugar a cerimonia de incineración para dar

remate á festa.

Segundo o establecido

nas bases a comparsa Cantos Somos será a portada do Bacallau por se os

gañadores da categoría Xera, e serán a escolta ao ser os gañadores do

Acompañamento Musical. Mentres a comparsa do Entroido de Pexegueiro, por ser os

gañadores en Carrozas, son os encargados da fabricación do Bacallau.

RESTRINCIÓNS NO TRÁFICO

Debido á celebración do Enterro do Bacallau o domingo dende ás 11 ás 22 horas estará pechada o aparcamento municipal na traseira da Área Panorámica, e por tanto non se poderá estacionar no mesmo.

Tui despide o Entroido este domingo coa celebración do Enterro do Bacallau