jueves. 18.04.2024

A veciñanza terá a oportunidade de desfrutar totalmente de balde dos concertos en homenaxe a Zeca Afonso e Rosalía de Castro, dentro da programación da VI Semana Cultural de Convergências Portugal-Galiza que volve a Ponteareas este venres 28 e sábado 29.

Grazas ao ser Ponteareas un dos concellos seleccionados para participar nesta iniciativa xunto con Santiago, Padrón e Braga fornecendo así os vínculos culturais dos dous lados da raia.

Ciclos de cine, coloquios, teatro e presentacións literarias completan a programación desta iniciativa na que se enmarcan os concertos programados esta fin de semana no auditorio municipal. Este venres 28 de febreiro ás 21.30 horas terá lugar o concerto Fado Converxente no auditorio municipal con Artur Caldeira á guitarra portuguesa e Daniel Paredes á viola de fado acompañados das fadistas Ana Lains de Lisboa e Iria Esteves do proxecto musical Clave de Fado e coas colaboracións especiais de Catarina Araujo e Miguel Oliveira. O sábado día 29 ás 20 horas concerto da Orquestra de Sopros do conservatorio de Ponteareas e do grupo Canto D’Aqui de Braga.

Pola súa banda en Santiago o venres na Casa das Crechas terá lugar o concerto de Sérgio Mirra: Trio. No Teatro Principal da capital galega o trío compartirá escenario co Grupo Poesis o sábado 29.

O 1 de marzo será a Casa Museo de Rosalía a que acollerá o acto de peche do evento que reunirá tres actuacións musicais.

Esta iniciativa, na que colaboran a Xunta de Galicia, desde o Centro de Estudos Galegos da Universidade do Minho, a formación bracarense Canto D'Aqui, os concellos de Santiago, Padrón e Ponteareas e a Fundación Rosalía de Castro, enmárcase nas accións de desenvolvemento da Lei 1/2014 para o aproveitamento da lingua portuguesa e vínculos coa lusofonía.

Ponteareas homenaxea con fados á escritora Rosalía de Castro e ao cantautor portugués...