fbpx
Alberto Núñez Feijóo, presidente de la Xunta,, Marta Valcárcel, alcaldesa de Salvaterra e José González, conselleiro de Medio rural.

Feijóo presenta en Salvaterra os ‘polígonos agrarios’ para recuperar as terras abandonadas para o cultivo, entre outros, da vide

“Se na próxima lexislatura temos ocasión imos meter o proxecto de lei dos Polígonos agrarios neste ano no Parlamento para que estea en vigor en 2021”, afirmou o titular da Xunta, Alberto Núñez Feijóo.

E engadiu que se aquí, en Salvaterra, hai hectáreas en estado de abandono –acreditándoo segundo a lei dispoña-, faranse polígonos agrarios para o cultivo vitivinícola.

Feijóo, reunido con membros da Confraría do viño do Condado do Tea e Espumosos, moitos viticultores y adegueiros, definiu Salvaterra coma un concello “dinámico; que sabe o que quere, ambicioso” e, pola súa posición xeográfica e xeoestratéxica, pola súa proximidade a Portugal cunha características determinadas.  Tamén manifestou gran esperanza no sector do viño do que asegurou terá “un bo futuro”.

El gran-mestre de la Confraría do Viño do Tea e Espumosos, António Alén, Alberto Núñez Feijóo, Marta Valcárcel y José González.

Respecto á Lei de Polígonos Agrarios, Feijóo explicou que pretende resolver o problema do minifundismo en Galicia. A falta de solo frea proxectos de ampliación ou de novas adegas en Galicia así como doutros cultivos de horta, froiteiras ou cereais.

“Nunha terra abandonada onde o 70% dos propietarios estean de acordo, actuaremos”. O titular da Xunta explicou que se comezará por “onde haxa acordos” e segundo isto, “priorizaremos”.

José González, conselleiro de Medio rural.

Feijóo debullou a realidade: conseguir un acordo do cen por cen é ilusorio. Sempre hai alguén que non está de acordo. Onde haxa un 70% farase o polígono agrario. “Non pretendemos ir contra a propiedade”. O que se busca é que a xente non deixe a monte a súa propiedade con silveiras que ás veces están en zonas perimetrais de núcleos rurais. Así tamén se evitan os lumes.

Concretou o presidente da Xunta que xa se traballa en 500 hectáreas dedicadas ao sector vitivinícola, en distintos concellos a través das DO ou dos viticultores ou alcaldes. Eles informan desas zonas abandonadas e que son zonas onde se dá a vide.

Feijóo e Marta Valcárcel.

Feijóo puxo o exemplo dun destes Polígonos Agrarios  en Arnoia Ourense. Trátase de 1.481 parcelas , con 276 propietarios e vaise actuar en 44 hectáreas para un proxecto de cultivos de horta. Algo semellante farase con Polígonos Agrarios dedicados a vide.

Para este ano 2020, a Xunta prevé actuar en 5.000 hectáreas. Neste momento, xa hai 20-22 aldeas modelo, o que supoñen 1.000 hectáreas. As restantes 4.000 hectáreas para este ano van ser Polígonos agrarios dedicados a cereais, horta, árbores froiteiras e vide.

“Nós queremos empezar polo consenso do 70% dos propietarios. O 30% restante témolos que convencer. Non temos ningún interese en quitarlle a propiedade a ninguén. Ó contrario. Buscaremos que alugue a propiedade, por exemplo, durante 20 anos”.

Ó comezo deste acto, trala presentación do Gran Mestre da Confraría do Viño do Condado do Tea e Espumosos, Antonio Alén, falou a alcaldesa de Salvaterra, Marta Valcárcel que ademais deste problema do minifundismo falou doutro arredor do mundo do viño. Na reunión estivo tamén o conselleiro de Medio Rural, José González, que matizou, na petición do titular da Xunta, distintos aspectos deste proxecto dos Polígonos agrarios en terras abandonadas.

O brinde das autoridades e convidados.

Confrades e autoridades foron obsequiados polo Concello de Salvaterra cun aperitivo con viños da subzona Condado do Tea.  

Print Friendly, PDF & Email
Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada