jueves. 28.03.2024

O Consorcio de Santiago e Teófilo Edicións sacan á luz Bonaval, de onte a hoxe. Da arquitectura á cidade, unha publicación escrita polos arquitectos Celestino García Braña, Xerardo Estévez Fernández e Adrián Alonso Lorenzo, e a historiadora e museóloga María Xosé Fernández Cerviño. Preséntase mañá martes, ás 19.30 horas, no Museo do Pobo Galego. No acto estarán, ademais dos autores, varios representantes do Consorcio de Santiago; ademais do director de Teófilo Comunicación, José Luis Teófilo.

O libro ten como precedente o

Plan Director do Conxunto de San Domingos de Bonaval, encargado polo Consorcio

de Santiago. Tal como explican os autores, “aquel traballo levou aparellado un

proceso de investigación e estudo exhaustivo do complexo construído, da súa realidade

física e posibilidades de adaptación a novos requirimentos funcionais”.

Un libro recolle a evolución histórica e arquitectónica do conxunto de San Domingos de...