jueves. 25.04.2024

O grupo de teatro Fontevella que dirixe Chelo Pampillón, representa, no seu 25 aniversario, 'Balneario A Condesiña' da autoría de Ana Santos, o sábado 15 de febreiro, ás 20.00 horas no CRC do Porriño. A compañía de veteranos actores que recoñecen que "os anos trouxeronnos as enrugas, os achaques…" queren ofrecer a súa mellor vesión teatral. Para eles o teatro é "a beleza, a enerxía, o inxenio para seguir cumprindo moitos soños".

EXPOSICIÓN ANIVERSARIO

Dúas horas antes, no mesmo lugar, Fontevella inaugurará unha mostra en paneis dos 25 anos deste grupo teatral coa directora á fronte, Chelo Pampillón.

Fontevella celebra o seu 25º aniversario coa obra 'Balneario A Condesiña' de Ana Santos