viernes. 29.03.2024

'Camiño de Santiago e Identidade Europea' é o título da exposición que se vai inaugurar este venres, día 14, ás 20.00 horas, na sala municipal de exposición do Concello de Tui, edificio Francisco Sánchez, da Área Panorámica, na rúa Colón.

O acto correrá a

cargo do alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro e do responsable do Centro de

Estudos Hispánicos da Universidade de Ratisbona, Pedro Álvarez Olañeta.

 “Camiño de Santiago e identidade europea

é unha exposición fotográfica que realiza un percorrido polos Camiños de Santiago

como “Primeiro itinerario cultural europeo”, declaración que recibiron en 1987 polo

Consello de Europa. Estas vías xacobeas constitúen dende hai máis dun milenio a

expresión vida da identidade europea.

Tras a

desaparición do chamado ‘Pano de Aceiro’ en 1989 reaviváronse as conexións

entre Pilsen, Capital Europea da Cultura de 2015 (República Checa), e Ratisbona

(Alemaña) xurdindo así novas relacións, como as irmandades entre as dúas

cidades, os seus bispados e universidades, incluíndo os centros culturais

españois que existían previamente nelas. Poucos anos despois, en 2004, a

Asociación Xacobea de Franconia marcou o tramo do Camiño Oriental de Baviera,

no sur de Alemaña, dende Ratisbona ata o paso fronteirizo de Eschlkam/Všeruby e

a Asociación Xacobea checa ‘Ultreia’, sinalizou o Camiño desde Praga ata a

fronteira checo-alemá. Dende entón, unha e outra vez, individualmente ou en

grupos, os peregrinos de ambos países emprenden o Camiño nas dúas bandas da

fronteira. Moitas das imaxes da exposición tomáronse durante unha peregrinación

checo-alemá con motivo do Día dos Católicos en 2014. Esta peregrinación na

Europa central é unha expresión vida da identidade europea que atopa no Camiño

de Santiago unha das súas principais expresións dende hai máis dun milenio.

Para o Concello

de Tui o Camiño de Santiago é un dos principais recursos de promoción da cidade,

a presenza dun número crecente de peregrinos polo Camiño Portugués así o

acreditan. Promover o papel de Tui neste contexto é sempre oportuno e realizar

actividades que impliquen a proxección internacional das rutas de peregrinación

sempre contribúe á sensibilización da cidadanía en torno ao Camiño de Santiago

e a presenza de peregrinos na cidade, onde os de nacionalidade xermana ocupan o

un lugar moi destacado.

A exposición pode

visitarse, de forma gratuíta, até o 14 de marzo. En horario de luns a venres de

9.30 h a 14.00 h e de 15.30 h a 21.00 h e os sábados de 9.30 h a 14.00 h.

Exposición tudense sobre o 'Camiño de Santiago e Identidade Europea'