jueves. 25.04.2024

O II Enduro das Rosquillas no monte da Picaraña, unha das probas que forman parte do campionato de Enduro de BTT da copa da Galicia, celebrase o vindeiro día 8 organizado polo ADC Picaraña xunto con Biziebike.

O evento contará coa participación duns 250 corredores e terá a sua saída dende o Pavillón Álvaro Pino o domingo as 08.30 horas finalizando no mesmo punto sobre as 14.15, onde se procederá coa cerimonia de entrega dos trofeos nas distintas categorías de participantes.

Os

corredores ascenderán en 4 ocasións a cota da Picaraña, para proceder de forma

individual a  descender noutras tantas

ocasións por circuítos específicos e trazados nas ladeiras da Picaraña, sendo

este descenso cronometrado e o que marcará as posicións finais dos corredores.

A

organización, coa que colabora o concello, quere agradecer aos patrocinadores e

comunidades de montes de Arcos, Bugarín, Oliveira e Ponteareas o seu apoio.

Nos

vindeiros días abrirase a inscrición que terá que ser relizada a través da

páxina www.magmasports.es

O II Enduro das Rosquillas contará coa participación duns 250 corredores