viernes. 29.03.2024

A Casa do Cabido, na praza das Praterías, vai acoller a exposición 'Des_facendo o xénero (a través da arte)'. É unha mostra colectiva e interdisciplinar, artellada sobre a idea das identidades de xénero como construción social e sobre os mecanismos que pode aportar a creación artística para romper con elas.

É unha iniciativa coordinada pola comisaria da exposición, Begoña Álvarez Seijo, membro do grupo de investigación Iacobus da Universidade de Santiago de Compostela; Ana Castro, directora de Galantiqua Arte y Antigüedades; e María Eiras, directora de Mareiras Espacio de Arte; en colaboración co Consorcio de Santiago. Mañá xoves inaugúraa o alcalde de Santiago e presidente do Consorcio da cidade, Xosé A. Sánchez Bugallo, ás 12.00 horas. Ao acto asistirán, ademais dalgúns dos artistas e das promotoras do proxecto, a xerente do Consorcio de Santiago, Belén Hernández; e o responsable de Exposicións do organismo interadministrativo, Juan Conde.

'Des_facendo o xénero (a través da arte)'