Este sábado, día 15 de febreiro, ás 12.00 horas
‘Patapatún tun tun’ para cativos ponteareáns

O espectáculo de maxia infantil ‘Patapatún tun tun’, a cargo do mago Paco, dirixido a nenas e nenos de 1 a 4 anos, terá lugar na sala multiúsos do auditorio municipal este sábado, día 15 de febreiro, ás 12.00 horas.

“Patapatún tun tun”  é un espectáculo de maxia infantil dirixido aos máis cativos e cativas, que, xunto aos seus pais e nais, gozarán dun espectáculo dirixido especialmente para eles e elas. Neste divertido espectáculo o mago Paco saca a súa faceta máis tenra para achegar o mundo da maxia aos nenos e nenas máis pequenos a través de xogos, monecos, ou historias.

Para poder participar nesta actividade, que é completamente de balde, é necesario facer a inscrición previa no Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Ponteareas (Tlf 986640000, ext.1010), antes do día 15 de febreiro.

Esta actividade forma parte dun conxunto de actividades realizadas de xeito mensual que fomentan a vinculación das familias co galego, dentro do proxecto Apego, un programa colectivo dirixido a fomentar e a facilitar a transmisión do galego como lingua inicial e a socialización dos nenos e das nenas entre 0 e 6 anos no noso idioma, para o que se desenvolven materiais, facilítanse e difúndense recursos, deséñanse e prográmanse actividades para nais e pais e para nenos e nenas, etc.

Todas aquelas persoas interesadas neste proxecto poden pórse en contacto co Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Ponteareas, onde recibirán toda a información precisa.

Print Friendly, PDF & Email
Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada