viernes. 29.03.2024

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a orde de axudas da Consellería do Medio Rural para os plans de reestruturación e reconversión da viña en Galicia, cun orzamento de 1,1 millóns de euros. O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado a partir de mañá.

O obxecto desta liña de achegas é aumentar a competitividade dos produtores vitivinícolas, mellorar os sistemas de produción sostibles e a pegada ambiental deste sector produtivo.

A través desta orde de achegas, preténdese diminuír os custos de produción das explotacións e apostar polo seu redimensionamento ao levar a cabo reaxustes estruturais. Tamén se fomenta a adaptación das variedades ás demandas do consumidor ao tempo que se preservan as viníferas autóctonas galegas, de menores rendementos e elevada calidade diferenciada, aproveitando así a gran vantaxe competitiva que supón a súa diferenciación no mercado.

Poderán beneficiarse destas axudas as persoas viticultoras inscritas no Rexistro Vitícola de Galicia (RVG) cuxas viñas se destinen á produción de uva para vinificación, cunha superficie máxima subvencionable de 10 hectáreas por persoa viticultora. Estas achegas aplicaranse ás superficies vitícolas onde se leven a cabo operacións de reimplantación de viñas, reconversión varietal e/ou melloras das técnicas de xestión das viñas.

Cabe recordar que cada viticultor deberá seleccionar o seu propio calendario de execución, escollendo entre unha execución anual (ata o 31 de maio de 2021) ou bianual (ata o 31 de maio de 2022), con ou sen anticipo. Así mesmo, valorarase a contratación dos seguros agrarios para a uva de vinificación así como a concentración de superficie vitícola nunha única parcela.

O enlace á orde no DOG é o seguinte:
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2020/20200211/AnuncioG0426-220120-4_gl.html

Medio Rural destina 1,1 millóns de euros para as axudas de reestruturación e...