sábado. 20.04.2024

“Tui é un

amor. Namórate de Tui” é o lema da campaña que hoxe mesmo se pon en marcha en

Tui co gallo do Día dos Namorados.  Trátase dunha iniciativa conxunta das

concellerías de Comercio e de Turismo do Concello de Tui que conta coa

colaboración do comercio local. O obxectivo é fomentar as compras no comercio local con

motivo da celebración do Día dos Namorados.

A

campaña foi presentada este mediodía na casa do concello polo alcalde, Enrique

Cabaleiro, xunto á concelleira de Comercio, Ana Mª Núñez, e o concelleiro de

Turismo, Laureano Alonso.

A

campaña terá dous eixos, por unha banda a colocación de 600 corazóns nos

escaparates do comercio local  dos que

300 recolleran outros tantos poemas de autores galegos coma Rosalia de Castro, Álvaro

Cunqueiro, Celso Emilio Ferreiro, Uxio Novoneira, Marga do Val ou  Emilio

Alvarez Blazquez, xunto a 150 corazóns co lema da campaña “Tui é un amor.

Namórate de Tui” e outros 150 serán un corazón branco sobre fondo vermello. O

outro eixo será a instalación de seis elementos decorativos, que están a ser

realizados por persoal municipal con material reciclado, nos que destaca o

Banco do Amor, e palabras coma “Amor” ou “Love” nas que poder fotografarse.

Estarán instalados nas prazas de San Fernando e a Inmaculada, e as rúas Ourense

e Compostela.

Na

presentación desta mañá o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, sinalou que “o

lema da campaña Tui é un amor. Namórate de Tui, vai facer historia neste

concello, porque nada máis literal para expresar o que é este concello e o que

transmite aos que vivimos aquí e aos que nos visitan, que marchan namorados da

cidade”.  Unha campaña que conxuga a nosa

cultura, que pon en valor aos autores galegos e que aposta pola economía

circular nos elementos decorativos que van ser instalados.

A

concelleira de Comercio, Ana Mª Núñez, explicou que a imaxe da campaña no

comercio local será “un espectáculo de arte e cultura que causará nos

viandantes unha sensación visual e emocional”. Avanzou que para a campaña recuperarase

a xaula que estaba situada nos xardíns de Troncoso.  

O

concelleiro de Turismo, Laureano Alonso, destacou a transversalidade da campaña

na que colaboran dous departamentos buscando a promoción da cidade e do

comercio local. Desexou que o resultado sexa “exponencial”.  Afirmaba que deste xeito realízase unha

campaña en positivo na que se pon en valor o amor e os recursos locais.

FOTOGRAFÍAS CON PREMIO

As

persoas que realicen fotografías nos seis elementos decorativos, que ao longo

dos próximos días serán instalados nas rúas tudenses, e as etiqueten nas redes

sociais cos hastag  #Tuiéunamor e #NamóratedeTui

poderán optar a tres premios.  Así o

autor ou autora da imaxe con máis Me Gusta levará unha estancia de fin de semana nun aloxamento

tudense;  os segundo poderán gozar dunha

cea romántica nun restaurante de Tui; e o terceiro, un estoxo de viño de produtores

locais.

O comercio tudense enarbola a campaña 'Tui é un amor. Namoráte de Tui'