jueves. 18.04.2024

Mos canteira de taekwondistas

Entre os presentes Patricia Gómez, presidenta do club de taekwondo Zusanli, Alexis Iriarte, adestrador do club de taekwondo Zusanli, os tres cativos con medalla de ouro na Copa Xunta de Galicia de Técnica: Leire Fernández, Samara Bouzón, e Tiago Doni; os/as cinco nenos/as que lograron medalla de prata: Eduardo Román, Adrián Lorenzo, Fabio Pedreira, Brais Fernández, e Águeda Pedreira; xunto con Nidia Arévalo, alcaldesa de Mos, entre outras autoridades municipais.
Entre os presentes Patricia Gómez, presidenta do club de taekwondo Zusanli, Alexis Iriarte, adestrador do club de taekwondo Zusanli, os tres cativos con medalla de ouro na Copa Xunta de Galicia de Técnica: Leire Fernández, Samara Bouzón, e Tiago Doni; os/as cinco nenos/as que lograron medalla de prata: Eduardo Román, Adrián Lorenzo, Fabio Pedreira, Brais Fernández, e Águeda Pedreira; xunto con Nidia Arévalo, alcaldesa de Mos, entre outras autoridades municipais.

Esta tarde celebrouse no salón de sesións do Concello de Mos a recepción ao club mosense de taekwondo, Zusanli, en recoñecemento polas 8

medallas (3 ouros e 5 pratas) logradas na Copa Xunta de Galicia de Técnica, que se disputou en Sada o pasado 21 de decembro.

No acto estiveron presentes Patricia Gómez, presidenta do

club de taekwondo Zusanli, Alexis Iriarte, adestrador do club de taekwondo

Zusanli, os tres cativos con medalla de ouro na Copa Xunta de Galicia de

Técnica: Leire Fernández, Samara Bouzón, e Tiago Doni; os/as cinco nenos/as que

lograron medalla de prata: Eduardo Román, Adrián Lorenzo, Fabio Pedreira, Brais

Fernández, e Águeda Pedreira; xunto con Nidia

Arévalo, alcaldesa de Mos, Camilo Augusto, tenente alcalde de Mos,

Begoña Toucedo, concelleira de Deportes, demais

membros do equipo de goberno local e demais membros da Corporación Municipal.

A hazaña desde club de taekwondo mosense

comezou en novembro de 2019 cando 12 dos seus integrantes participaron na fase

provincial da Copa, celebrada en Covelo, e na que se clasificaron un total de 9

nenos/as de 6 a 15 anos.

Eses 9 clasificados/as foron os/as que

participaron en Sada o día 21 de decembro na segunda fase, na que case lograron

facer un pleno, xa que lograron 8 medallas: 3 ouros e 5 pratas. Sobre este gran

logro a presidenta de Zusanli, Patricia Gómez, destaca o anecdótico e singular

feito de que “xusto os rapaces de máis curta idade, Leire e Brais, que era a

primeira vez que competían -e o fixeron na mesma categoría-, con tan só 6 anos

de idade, acadaron un primero e segundo postos, respectivamente, na Copa

Galicia”.

Así mesmo Gómez amosouse moi satisfeita

do seu equipo xa que “aínda que outras veces os nosos deportistas chegaran ata

a final do galego, nunca antes nos acontecera que 8 dos 9 que chegaron fixeran

podio, case un pleno; nin que fora unha porcentaxe tan elevada os que se

clasificaran do provincial para o galego”, enorgullécese a directora do clube,

quen destacou, por último que “este gran éxito é tan só froito do esforzo dos

pequenos, das horas de adestramento, da constancia, da disciplina e do afán de

superación; e por suposto tamén do labor do noso adestrador e do seu bo facer”.

Estes rapaces de idades comprendidas

entre os 6 e os 15 anos de idade adestran 3 días á semana no ximnasio Zusanli

de San Eleuterio, parroquia de Tameiga.

Mos canteira de taekwondistas