jueves. 18.04.2024

O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, acompañado pola delegada da Xunta, Corina Porro, mantivo na Casa do Deporte unha reunión cos clubs deportivos de Vigo e a súa área para abordar as subvencións a entidades deportivas e para a adquisición de equipamento. Nas súas verbas, o responsable da carteira autonómica de Deporte cifrou en máis dun millón e medio de euros o investimento realizado na tempada 2019-2020 pola Secretaría Xeral para o Deporte en Vigo diferenciando entre o alto nivel, cunha achega de máis de 580.000 euros entre patrocinios e bolsas, e o deporte de base, que viuse beneficiado con preto de 406.000 euros sumando as achegas para a actividade e equipamento. Ademais, os clubs de Vigo tamén se viron beneficiados con outro medio millón de euros tocante ao programa Xogade e ao patrocinio de eventos deportivos.

A resolución

pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en

réxime de concorrencia non competitiva, a clubs deportivos, sociedades anónimas

deportivas e seccións deportivas de Galicia para o desenvolvemento de

actividades deportivas, e se procede á súa convocatoria para o ano 2020, foi

publicada no Diario Oficial de Galicia o pasado 10 de xaneiro e conta cun

importe total de 1.960.000 euros, aumentando un 2,08% con respecto a 2019.

No que

atinxe á resolución pola que se establecen as bases reguladoras para a

concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións para a

adquisición de equipamentos deportivos e se procede á súa convocatoria para o

ano 2020, o secretario xeral anunciou a súa publicación no Diario Oficial de

Galicia nas vindeiras datas cun importe global de 700.000 euros, medrando nun

15,9% con respecto a 2019.

Lete Lasa

destacou que ambas resolucións son tramitadas como anticipada de gasto para

facilitar a actividade deportiva dos clubs galegos así como a súa xestión

económica.

As subvencións para a adquisición de equipamentos deportivos serán dun importe global...