viernes. 29.03.2024

O Porriño programou para este mes de xaneiro tres funcións de teatro pensado para as familias que terán lugar os sábados 11, 18 e 25 no Centro Cultural Municipal.

A primeira quenda para este sábado será a representación de 'Laia, Aprendiz de Maga' a cargo da compañía Animar-T. Tratase dun espectáculo que mistura teatro, música e maxia cómica que conta as relacións entre avós e netos desde a visión de Laia, a protagonista que é unha nena de 7 anos.

A

vindeira función será o sábado 18 baixo o tóitulo “Dúas heroínas, voando van”,

a cargo da compañía  “Señora Supina” e

finalmente o sábado 25 representaráse “Cecilia e a súa boneca” pola compañía “A

run run xogos e enredos”.

Por

outra banda, neste mes de xaneiro arrincará na Biblioteca Municipal unha

novidosa proposta de conferencias, un ciclo divulgativo chamado “Bibliosaúde”.

Na

primeira quenda, datada para o xoves 23, trataráse o tema do desenvolvemento

visual, incidindo de xeito especial nos nenos e nenas  tendo en conta que 1 de cada rapaces non é

diagnosticado ou é mal diagnosticado e no mundo hai 217 millóns de persoas con

problemas visuais.

Lucila

Tó García-Miranda será a encargada de impartir esta primeira conferencia. É

unha óptica-optometrista especializada en terapia visual baixo unha filosofía

do comportamento, con máis de 25 anos de experiencia e que dirixe o seu propio

centro en Andorra.

Esta nova proposta

da Biblioteca Municipal está na liña do desenvolvemento de programas formativos

polos que ten destacado nos últimos anos. Para 2020 elixiuse o ámbito da saúde

en resposta ó Obxectivo nº 3 da Axenda 2030 para o Desenvolvemento Sostible,

auspicíada pola ONU, que propón aos centros bibliotecarios apoiar o acceso

público a información sobre saúde e benestar.

O Porriño empeza a programación de teatro con 'Laia, Aprendiz de Maga'