viernes. 29.03.2024

Durante varios meses os técnicos, acompañdos de representantes veciñais, visitaron todas as vivendas da parroquia acadando o compromiso do 95% dos veciños e veciñas para participar nesta experiencia pioneira en Ponteareas e que se prevé estender durante os vindeiros anos ao resto do rural do concello.

Arcos, con preto de 500 habitantes, foi a parroquia escollida porque se axusta en poboación e vivendas aos composteiros individuais entregados pola Deputación e, sobre todo, porque conta cun tecido asociativo moi amplo, activo, organizado e concienciado no respecto ao medioambiente xa que desde hai anos a parroquia realiza actividades de voluntariado medioambiental como a vixilancia dos montes para previr incendios, a eliminación de invasoras como as acacias ou a eliminación dos vertedoiros incontrolados.

Os

técnicos explicaron aos asistentes como se monta o composteiro individual e de

que forma debe usarse correctamente. Os residuos orgánicos supoñen o 42% do

lixo que se produce nun fogar e que, en lugar de rematar nun colector, pode

converterse en abono a través dun proceso moi sinxelo que agora a veciñanza

poderá realizar na súa casa.

Tras

esta primeira reunión na que as persoas participantes recolleron os seus

composteiros, os técnicos farán durante o ano 2020 dúas visitas a todas as

vivendas para comprobar o correcto uso dos composteiros e aclarar calquera

dúbida.

O 95% dos veciños de Arcos comprométense a participar nunha experiencia de compostaxe