viernes. 19.04.2024

A cabalgata dos Reis Magos de Ponteareas sairá ás 17.30 horas do CEIP Fermín Bouza Brey e agasallará ilusión e caramelos aptos para toda a cidadanía e por vez primeira disporá de caramelos aptos para diabéticos traballando de xeito conxunto coa Asociación de Diabéticos de Ponteareas.

A

concellería de Eventos, que dirixe a tenenta de alcalde Cristina Fernández,

explica que todos os caramelos que repartirán os Magos de Oriente serán sen

glute e mesmo algúns sen glute e sen lactosa.

Para

que non haia dúbidas e todas as persoas poidan desfrutar do doce sabor dos

caramelos, o concello indica que os caramelos brandos que reparta o séquito

real serán sen lactosa e sen glute e os caramelos duros simplemente sen glute

pero con lactosa.

“Para

chegar a un maior número de poboación e que a cabalgata sexa para o desfrute da

máis ampla maioría repartiremos caramelos doados por marcas comerciais e tamén

mercados polo concello e todos eles serán sen glute dispondo todos do

certificado correspondente, tanto os nosos como os das marcas comerciais”,

explica Cristina Fernández.

Ademais,

no momento de entrega dos agasallos, que terá lugar no auditorio municipal unha

vez remate a cabalgata, as familias con nenas e nenos diabéticos disporán de

caramelos aptos para a súa doenza.

Como

cada ano a cabalgata dos Magos de Oriente sairá do CEIP Fermín Bouza Brey para

percorrer as rúas Rosalía de Castro, Concha Brey, Constitución, Praza Bugallal,

Oriente, Praza Maior, Arxentina, Fdez Vega, Reveriano Soutullo, Praza Bugallal

e Morales Hidalgo para logo entrar no auditorio e participar na tradicional

entrega de agasallos.

Os coches clásicos, a banda de gaitas Tremiñado e os Ranchos de Reis de Fozara, Guláns e Santiago de Oliveira acompañarán ás carrozas que estarán arroupadas por espectáculos de animación e sempre coa colaboración dos bombeiros locais, do Club Ciclista Ponteareas e dos e das empregadas municipais, de Protección Civil e da Policía Local. Ademais, Cristina Fernández agradece a colaboración do voluntariado e do alumnado do bacharelato de Artes do IES Val do Tea que realizou a decoración para os vehículos.

Cristina

Fernández lembra a todos e a todas as pequenas que, ao igual que en anos

anteriores, os Magos de Oriente ofrecerán unha recepción previa ás 12 horas do

domingo día 5 no concello.

Os Reis Magos repartirán caramelos saúdables na cabalgata de Ponteareas