miércoles. 24.04.2024

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda vén de poñer en marcha a primeira edición do proxecto formativo Eu son inspect@r urbanístic@. Coida o territorio. Coida o teu; no que participan unha trintena de centros escolares, de distintas etapas educativas, de toda Galicia.

É unha iniciativa coa que Consellería, a través da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística e en colaboración do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG), quere sensibilizar, concienciar, divulgar e formar ás nenas e nenos da Comunidade en relación co medio e a intervención e ordenación do territorio.

Trátase dun proxecto lúdico-educativo co que achegar aos máis cativos o coñecemento sobre o territorio de Galicia, comprender a complexidade do territorio e da paisaxe e aprender dos elementos que a compoñen é fundamental para que as sociedades actuais e futuras tomen conciencia da necesidade de facer un uso responsable do territorio.

A actividade para Educación Infantil consistirá nunha aprendizaxe a través do xogo e do teatro, polo que se levará a cabo unha representación teatral sobre o amor á natureza, a intervención no territorio e o modelo urbanístico ideal. A obra posta en escena a Compañía teatral Trinke Trinke está protagonizada por uns ratiños que viven en Lonxedetodo, un lugar idílico, que preocupados por unha intervención inadecuada na súa contorna, contactarán cos inspectores urbanísticos da APLU para que lles axuden.

Para os rapaces de Primaria, traballarase con eles nas aulas, fomentando a aprendizaxe a través do xogo. Dun xeito expositivo trasladarase o traballo que fai a Xunta a través da APLU no territorio e abordase o grado de coñecemento da súa contorna próxima e algunhas actuacións no mesmo.

Por último, cos rapaces de secundaria tamén se apostará por unha aprendizaxe lúdico-educativa, para abordar o coñecemento da súa contorna máis próxima, a evolución histórica do mesmo e dos axentes e dos factores que regulan o uso do solo. Tamén se abrirá unha quenda de debate en relación coas imaxes de actuacións propostas para concluír cunha reflexión sobre o que cada un pode facer par coidar o territorio.
Asemade, estas actuacións completaranse coa visita dun número de centros ás instalacións da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística a Santiago, para coñecer o día a día deste organismo a prol da recuperación do territorio.

Na seguinte táboa indícanse os centros participantes nesta primeira edición da iniciativa Eu son inspect@r urbanístic@. Coida o territorio. Coida o teu.

CENTRO EDUCATIVOLOCALIDADEPROVINCIA
1CEIP MANUEL SUEIROOURENSEOURENSE
2IES A PINGÜELAMONFORTE DE LEMOSLUGO
3CEIP PLURILINGÜE PINTOR LAXEIROVIGOPONTEVEDRA
4CEIP ROSALÍA DE CASTROLUGOLUGO
5CEIP PLURILINGÜE DE MONTERROSOMONTERROSOLUGO
6CEIP PLURILINGÜE DE ANDRADEANDRADE-PONTEDEUMEA CORUÑA
7CEIP SAN XOÁNBECERREÁLUGO
8EEI SAN ROQUEVIVEIROLUGO
9CALASÁNZ PP ESCOLAPIOSA CORUÑAA CORUÑA
10CEIP DA CRUZCAMOS-NIGRÁNPONTEVEDRA
11CEIP DE LAREDOREDONDELAPONTEVEDRA
12EEI VERDUCIDOVERDUCIDOPONTEVEDRA
13IES PLURILIGÜE DE AMESAMESA CORUÑA
14CPR PRLURILINGÜE SAN FERMÍNCALDAS DE REISPONTEVEDRA
15CEIP EMILIO GONZÁLEZ LÓPEZCAMBREA CORUÑA
16CEIP SANTO ANDRÉ DE XEVEXEVEPONTEVEDRA
17CEIP VILAR DE BARRIOVILAR DE BARRIOOURENSE
18IES ESCOLAS PROVALNIGRÁNPONTEVEDRA
19CEP SANTA MARIÑAREDONDELAPONTEVEDRA
20IES PONTE CALDELASPONTE CALDELASPONTEVEDRA
21CEIP EUGENIO LÓPEZCEEA CORUÑA
22CEIP HEROÍNAS DE SÁLVORAAGUIÑO-RIBEIRAA CORUÑA
23IES XELMIREZ IISANTIAGO DE COMPOSTELAA CORUÑA
24IES AS ÍNSUASMUROSA CORUÑA
25IES PASTORIZAARTEIXOA CORUÑA
26IES AGRA DO ORZÁNA CORUÑAA CORUÑA
27IES AQUIS CELENISCALDAS DE REISPONTEVEDRA
28CEIP SANTA MARIÑAVIGOPONTEVEDRA
29EEI ROMAIPORTASPONTEVEDRA
30CEIP LÓPEZ FERREIROSANTIAGO DE COMPOSTELAA CORUÑA

Unha trintena de centros de ensino participan na primeira edición do proxecto formativo...