jueves. 28.03.2024

A concellería de Cultura que dirixe

Fernando Groba convida ao II Festival Internacional de Danzas de Reis que terá

lugar este domingo día 22 de decembro a partir das cinco da tarde, hora na que

percorrerán as rúas do centro urbano de Ponteareas.

O Rancho de Reis de Santiago de

Oliveira, o Rancho de Reis de Fozara e o Rancho de Reis de Guláns compartirán

escenario co Rancho de Reis de Riofrío, Mondariz, e co grupo folclórico

Barcelinhos de Portugal.

Logo de percorrer coa súa música,

danzas e vistosos vestimentas o centro urbano, os ranchos de reis chegarán ao

auditorio municipal Reveriano Soutullo ás 18 horas.

O concelleiro Fernando Groba convida a

toda a cidadanía a desfrutar deste espectáculo que difunden unha das nosas

tradicións máis xenuinas e que Ponteareas soubo conservar.

Dende o 7 de marzo de 1953 o grupo

folclórico Barcelinhos promove a cultura popular da súa terra e deixa en

herdanza as danzas e a música dos seus ancestros.

O Rancho de Reis de Santiago de

Oliveira, o de Fozara e o de Guláns virán ataviados coas súas vestimentas

brancas para danzar acompañados de arcos, palillos e cintas que voarán ao son

das castañolas.

Dende o século XVI o Rancho de Reis de

Riofrío, Mondariz, danza para celebrar os reis e manter viva este legado que

trasladará ao noso auditorio neste II Festival Internacional de Danzas de Reis.

II Festival Internacional de Danzas de Reis convida ao grupo folclórico Barcelinhos de...