jueves. 28.03.2024

A feira de artesanía OFEITOAMAN, que se ven celebrando en Vigo dende 1985, celebra a súa edición número 35 no exterior do Centro Comercial A Laxe, dende mañá 18 de decembro ata o 5 de xaneiro.

Este ano, a feira ten a satisfacción de contar ca participación de 21 expositores, entre os que se encontra o recente Premio Nacional de Artesanía, Elena Ferro.

Tamén acude por primeira vez o obradoiro de ourivería “Ivindi” de Tomiño (Pontevedra), e se incorpora despois de varios anos sin participar o obradoiro de cartón pedra “Charamusca” de Carnota (A Coruña).

Os demáis expositores son habituais participantes na feira, e presentan obras de autoría propia en ourivería, xoiería, tecidos, madeira torneada e tallada, marroquinería, zapatería, cerámica, vidro, bixutería ou metais.

Todos/as os expositores/as son obradoiros rexistrados no Rexistro Xeral da Artesanía de Galicia e empregan a Marca oficial da Artesanía de Galicia, excepto o obradoiro Artesave que chega invitado de Portugal.

A feira conta co apoio da Xunta de Galicia.

Ofeitoaman está organizada pola Asociación Galega de Artesáns (AGA), que ven traballando na promoción da artesanía en Galicia dende 1983.

O seu horario será de 11 a 14 e de 16.30 a 21, excepto os días 24 e 31 que pechará pola tarde ás 18.30. Os días 25 de decembro e 1 de xaneiro, permanecerá pechada.

Máis información, listado de expositores con datos e enlaces, cartel da feira en alta resolución e plano de distribución en www.ofeitoaman.org

A recente Premio Nacional de Artesanía, Elena Ferro, estará en Ofeitoaman