sábado. 20.04.2024

A Asociación de Actores e Actrices de Galicia

(AAAG) convoca os XXIV Premios de Teatro

María Casares, cuxa gala de entrega se celebrará o vindeiro 26 de marzo no

Teatro Rosalía de Castro da Coruña. Poderán participar todos os espectáculos de

teatro de actor en lingua galega estreados entre o 1 de xaneiro e o 31 de

decembro de 2016 e o prazo de inscrición

iníciase hoxe, luns 16 de decembro, e pecha o 7 de xaneiro ás 15.00 horas.

Este ano, a organización introduciu unha

modificacións nas bases que regulan o funcionamento dos Premios de Teatro María

Casares. Para esta vixésima cuarta edición dos galardóns, poden  optar as producións de teatro de actor en

galego estreadas en Galicia entre o 1 de Xaneiro e o 31 de decembro do año

2019, así como todas as persoas profesionais que participen nas montaxes

comprendidos nese período. Como gran novidade nesta edición de 2020, os

espectáculos que se estreen no último trimestre do ano (nomeadamente entre o 1

de outubro e o 31 de decembro), poderán escoller presentarse na edición de 2020

ou na edición de 2021. Esta modificación, solicitada en Asemblea Xeral da AAAG,

ten como obxectivo permitirlles aos espectáculos contar co suficiente

percorrido polos escenarios para garantir a súa visibilidade entre o censo de

votantes que cada ano escollen os gañadores dos galardóns. 

Un censo de votantes que está conformado por

máis de 450 membros que teñen dereito a voto e que está conformado polo corpo

asociativo da AAAG, por finalistas e persoas gañadoras en edicións anteriores, programadores

e programadoras da Rede Galega de Teatros e Auditorios e membros da prensa e da

crítica teatral.

Os Premios de Teatro María Casares entregáronse por

vez primeira en 1997 e dende aquela son o gran escaparate do teatro, así como a

gran festa para todos os profesionais do sector. En total, os galardóns contan

con 14 categorías: espectáculo, espectáculo infantil, actriz protagonista,

actor protagonista, actriz secundaria, actor secundario, dirección,

adaptación-tradución, texto orixinal, música orixinal, iluminación,

escenografía,  maquillaxe e vestiario.

Durante a gala, entregarase o Premio de Honra Marisa Soto e darase a coñecer o

Manifesto Galego no Día Mundial do Teatro.

A Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG) convoca os XXIV Premios de Teatro...