viernes. 26.04.2024

O acto de concesión dos premios do Certame de Poesía en Lingua Galega 'Rosalía de Castro',  organizado pola Asociación Cultural Galega Rosalía de Castro de Cornella (Barcelona) que este ano acada a súa  XXXIII edición, e no que se lle concedeu o primeiro premio a, Francisco Javier Fernández Davila polo seu poema “Poemas d aeroporto” celebrouse este sábado 7 de decembro.

Un día que comezaba cheo de cultura, literatura e poesía galegas, coa presentación nos locais da Asociación do libro O paxaro de Nácara da escritora galega residente en Barcelona, Pura Salceda, a súa presentación correu a cargo do escritor e crítico literario, Armando Requeixo, editado por Galaxia  Edicións.

 Unha novela ambientada na problemática da

emigración galega na que a súa protagonista “Nélida, unha galega

emigrada a Barcelona, retorna á súa aldea polo funeral da súa avoa. Alí

reencóntrase con Elías, un antigo amor que se truncou cando el emigrou a

México. Agora ela está casada e con fillos, polo que aparentemente todo é auga

pasada. Mais o encontro con Elías fará revivir un tema que creían agochado: a

misteriosa morte hai moitos anos de Gonzalo, un tío de Nélida en México, nun

accidente de coche... ”. Sobre estes vimbios, Pura Salceda 

constrúe unha novela de intriga en que o amor e o erotismo, así como uns

personaxes arrastrados polo destino, van comprender que nada é tan sinxelo

como, de primeiras, parece.

Pura Salceda, filla de emigrantes galegos, naceu en Cidade de México e vive en Barcelona. É doutora en Filoloxía románica e licenciada en Filoloxía hispánica. Publicou en 2003 Hola, de dónde eres? Manual de urgencia para navegar en los chats, en colaboración con Andrés Abe­rasturi; e en 2018, a novela Alicia en Pe­numbra. Historia de Perra Negra. Como poeta, é autora dos libros: A ollada de Astarté (2007), en galego; e a catro mans: Dois corpos nus, despíndose/Dous corpos nus, espíndose, con Casimiro de Brito (2016), en galego e portugués. En castelán publicou: Versos de Perra Negra (2005), Mares Online (2008); e “De ti y de mí”, en Las mejores historias de amor. E en versión bilingüe catalán-castelán: L’amant circumstancial (2014) e Un Llop estrany (2017). Tamén coordinou a antoloxía Erato bajo la piel del deseo. Antología de poesía erótica (2010). Obtivo o premio “Sal a escena 2009”, convocado polo Ministerio de Igualdad de España, polo guión da curtametraxe “Más  asesinadas”, dirixida por Mario Pilarte. Foi Secretaria Xeral da Associació Col·legial d’Escriptors de Catalunya (ACEC) de 2010 a 2017. Edita desde 2006 o blog “Sintagma in Blue”.

Ao acto  asistiron, ademais os compoñentes do Xurado

do Certame de Poesía, así como numeroso socios da Entidade; tamén estivo

presente o Secretario Xeral de política lingüística da Xunta de Galicia,

Valentín García Gómez que se desprazou a Cornellá para o evento, o concelleiro

de Cultura do Concello de Cornella, Ot García en representación da Alcaldía.

Presentado 'O paxaro de Nácara' da escritora galega residente en Barcelona, Pura Salceda