Julio Mourenza ofrecerá un recital de piano dentro do ‘Ciclo Bauhaus’

A Real Academia Galega de Belas Artes (RAGBA) ten en marcha o “Ciclo Bauhaus”, unha serie de conferencias que comezaron o pasado mes de outubro e se prolongarán ata xaneiro do vindeiro ano. Están enmarcadas nos “Martes das Artes” que promove a Academia. O ciclo componse de sete conferencias e un concerto sobre este transcendental movemento artístico alemá. Todas estas actividades celébranse no salón de actos da Academia (praza Pintor Álvarez de Sotomayor, 1), ás 20:00 horas.

Nesta iniciativa colaboran a Xunta de Galicia, a Deputación da Coruña, o Concello da Coruña, a Deputación de Ourense e a Deputación de Lugo.

Mañá martes, 3 de decembro, celebrarase un recital de piano da man de Julio Mourenza, director do Conservatorio Superior de Música da Coruña. Interpretará Seis pequenas pezas para piano do compositor e pintor austríaco de orixe xudeu Arnold Schoenberg. De seguido soarán varias pezas para piano do tamén austríaco Josef Matthias Hauer e a Sonata para piano do músico húngaro Béla Bartók. O recital concluirá coa obra In a landscape do compositor estadounidense John Cage.

Print Friendly, PDF & Email
Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada