viernes. 19.04.2024

Ourense converteuse hoxe na capital da

comunicación e do marketing de Galicia ao reunir en Expourense a máis de 600 profesionais

destes sectores que asistiron tanto ao 7º Foro da Comunicación de Galicia como

á entrega dos IV Premios Paraugas.

7º Foro

da Comunicación

O Foro da Comunicación de Galicia, organizado

por Expourense coa colaboración do Clúster da Comunicación de Galicia, celebrou

hoxe a súa sétima edición, que supuxo un novo éxito, tanto polo número e o

prestixio dos 25 relatores como pola acollida recibida por parte dos asistentes,

máis de 300 ao longo de toda a xornada. Este Foro está xa consolidado como un

punto de encontro de referencia para os profesionais galegos vencellados a

estes sectores, xa que lles ofrece a oportunidade de compartir experiencias con

grandes expertos do sector e con directivos de importantes empresas que marcan

tendencia á hora de comunicar.

O obxectivo deste 7º Foro da Comunicación de

Galicia foi poñer en valor a calidade e innovación do traballo das empresas

galegas nestes sectores, incluíndo tamén experiencias punteiras de empresas de

fóra da nosa comunidade. O programa de conferencias deste 7º foro dividiuse en

varias mesas de debate onde recoñecidos expertos no sector abordaron temas de

actualidade que foron seleccionados polo comité organizador deste evento e no

que se atopan as principais asociacións profesionais do sector en Galicia e as

Facultades de disciplinas vencelladas á comunicación ou publicidade.

Comunicación, marketing dixital, deseño e

publicidade foron os catro eixos sobre os que xirou esta edición que contou coa

participación de directivos de axencias de publicidade punteiras en España como

Dimensión, CHINA, Disrupción-Dx Global ou a propia BAP&Conde de Galicia e

tamén co ex director creativo do Concello de Madrid na época de Manuela Carmena

e calificado como “o que converteu en bonitas, simples e eficaces as mensaxes

burocráticas das campañas municipais da capital madrileña”.

O 7º Foro da Comunicación contou co patrocinio

da Deputación Provincial de Ourense e co apio da Xunta de Galicia a través da

Secretaría Xeral de Medios.

IV

Premios Paraugas

O Clúster da Comunicación de Galicia entregou

esta tarde no recinto feiral de Expourense os IV Premios da Comunicación e do Marketing de Galicia, Premios Paraugas,

que se crearon en 2016 co obxectivo de recoñecer publicamente o bo facer das

empresas e dos profesionais que traballan en toda a cadea de valor da

comunicación dentro da nosa comunidade autónoma. Na edición deste ano, 14

entidades galegas recibiron premios.

No marco da convocatoria, establecéronse sete

categorías de premios (con 18 subcategorías en total) ás que optaron máis de

250 candidaturas, cifra que pon de manifesto o crecente interese por un evento

que, ano tras ano, se consolida como a gran festa galega da comunicación.

Relación

de premiados:

A continuación detállanse as empresas e

organizacións distinguidas no marco de cada unha das categorías:

Categoría Edición

  • Premio

    Paraugas ao Mellor Libro: Mulleres do silencio – Deputación Provincial de Pontevedra

  • Premio

    Paraugas ao Mellor Catálogo Publicitario: Catálogo

    comercial Vital Bath – Tórculo Comunicación Gráfica

Categoría Impresión (Premios HP Indigo)

  • Premio

    Paraugas ao Mellor Traballo Comercial (libro, folleto ou catálogo) impreso con Tecnoloxía

    Indigo: Libro 40 Aniversario de Agafac - Atelier Gráfica Visual

Categoría Deseño (Premios GAIN)

  • Premio Paraugas ao Mellor Deseño

    Gráfico: Perfeccionista / Bodega Davide (packaging) – Roberto Núñez

  • Premio Paraugas ao Mellor Deseño Industrial: Totana –

    Isaac Piñeiro Design Studio

  • Premio Paraugas ao Mellor Deseño

    Dixital: Resistencia desde 1906 – Tony Le Brand

 

Categoría Creatividade (Premios BySideCar)

Premio Paraugas

á Mellor Creatividade Gráfica: Resistencia

desde 1906-0,0 – Tony Le Brand

  • Premio Paraugas á Mellor

    Creatividade Audiovisual: Fábrica de cervezas – Percebes – Segunda Edición –

    Tony Le Brand

Categoría Marketing Dixital (Premios .gal)

  • Premio Paraugas á Mellor Estratexia Dixital: Somos

    Semente – Roi Scroll

  • Premio Paraugas ao Mellor Proxecto de Negocio Dixital: Estratexia

    de venda end-to-end para Microsoft - Bysidecar

  • Premio Paraugas ao Mellor Proxecto de Social Media: #instaGal

    – Corporación Radio e Televisión de Galicia

 

Categoría Marketing (PremiosAvante)

 

Premio Paraugas  á Mellor Estratexia/Acción de Branding: Elige Bigote–Grupo Nueva Pescanova

  • Premio

    Paraugas á Mellor Acción Relación / Escoita ao Cliente: Elige Bigote – Grupo Nueva Pescanova

  • Premio

    Paraugas á Mellor Estratexia / Acción de Produto: La hucha inteligente de EVO – EVO Banco-Coinscrap

Categoría Comunicación (Premios Galicia Calidade)

  • Premio Paraugas á Mellor

    Estratexia de Comunicación Externa: Kómoda, la vida sin energía –

    Torres y Carrera, Consultores de Comunicación

  • Premio Paraugas á Mellor

    Estratexia de Comunicación Interna: Amigo

    invisible (postales) - ABANCA

  • Premio Paraugas á Mellor Práctica

    na Comunicación da Responsabilidade

    Social Empresarial: Fundación Knowcosters – BAPCONDE

O

Premio Paraugas á Mellor Creatividade no uso dos Medios (da categoría de

Creatividade-Premios BySideCar)

quedou deserto.

Premios

honoríficos

Xunto a isto, o acto serviu tamén para por en

valor o traballo e a traxectoria de diferentes empresas e persoas que se teñen

significado pola súa contribución ao ámbito da comunicación. Entre os homenaxeados estiveron

Alejandro Rubín, cabeza visible de Expourense durante dúas décadas, e José

María Cruz Novillo, deseñador cunha ampla traxectoria que inclúe a creación de

logotipos como o do diario El Mundo, o do PSOE, o do Banco de España e o de

Correos, así como a de carteis de películas como La escopeta nacional, Los

lunes al sol e Barrio.

Ademais, recibiu unha homenaxe póstuma o publicista e

editor ourensán Luis Carballo, que faleceu este mesmo ano. Trátase dunha mostra

do recoñecemento á súa labor como fundador da revista de comunicación Galicia Moda e como creador do Pelegrín,

mascota e imaxe oficial do Ano Santo de 1993, o primeiro Xacobeo moderno.

Tamén no marco do evento, a asociación

Executivas de Galicia aproveitou a ocasión para destacar e premiar á

presentadora Silvia Jato.

Entidades

organizadoras

Os Premios Paraugas da Comunicación e do

Marketing de Galicia, organizados polo Clúster da Comunicación de Galicia,

contan co patrocinio de entidades e empresas como HP Índigo, GAIN (organismo

dependente da Consellería de Economía da Xunta), BySidecar, .gal, Avante,

Galicia Calidade e a Deputación de Ourense.

Ademais, colaboran no evento Expourense,

Miraveo, Aceites Abril, Atelier Gráfica Visual, Atlántica Centro de Arte,

Fundación Santo André de Teixido, a D. O. Valdeorras, Executivas de Galicia,

Creatividade Galega, Dircom Galicia, Markea, Tac!, Galicia Business School e o

Igape.

Ao acto asistiu un nutrido grupo de

profesionais de toda Galicia, máis de 300 en total, entre os que se atoparon

directivos de marketing e comunicación de destacadas empresas, así como de

axencias de publicidade, deseñadores das artes gráficas e editores, e outros

expertos destes campos, que contribúen co seu traballo a fomentar a

competitividade galega no eido da comunicación.

Expourense xunta aos mellores publicistas no 7º Foro da Comunicación de Galicia