sábado. 20.04.2024

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, salientou hoxe a aportación ao emprego, a economía, a innovación e a Vigo do Grupo Alvariño; “e cando digo Vigo, digo Galicia, e cando se di Vigo e Galicia, todos os que estamos aquí estamos pensando en España”, aseverou.

Durante a clausura do acto do 75 aniversario do Grupo Alvariño, que se celebrou este mediodía no Círculo de Empresarios de Galicia, Feijóo subliñou o “sentido común” como peza básica na toma decisións no ámbito profesional, persoal, público e económico. E referiuse aos galegos como especialistas en construír “pontes” nun momento “no que se leva tanto facer muros”, ao que engadiu que “a nós interésanos unir as cousas que están divididas, unir pensamentos distantes ou distintos, unir demanda con oferta e unir unha dificultade cunha oportunidade”.

Así mesmo, con respecto ao Grupo Alvariño, recordou a figura do seu fundador, Salvador Fernández Troncoso, e sobresaíu o labor do seu fillo e actual presidente, José Manuel Fernández Alvariño, ao mando dunha compañía, valorou, que foi “conformando unha cidade e conformando Galicia”, e que en definitiva, “construíu Vigo”.

75 aniversario do Grupo Alvariño