viernes. 29.03.2024

Amplíase o prazo para a preinscrición no Campus Tea Nadal 2019, unha alternativa de lecer para rapaces de 3 a 12 anos.

As preinscricións estarán abertas dende hoxe ata o 5 de decembro, ambos incluídos, e as familias interesadas poden xa consultar as bases na páxina web do concello de Ponteareas ou directamente nesta ligazón  .

Tamén se poden achegar ao

departamento de Ensino do concello de Ponteareas para obter as bases e os

anexos para cumprimentar de luns a venres de 9 a 14 horas.

Do 23 de decembro ao 7 de

xaneiro as familias disporán deste servizo de apoio que se desenvolverá no CEIP

Nosa Señora dos Remedios de 9 a 14 horas.

Cristina Fernández

salienta a importancia de acompañar ás familias nos seus ritmos e atendendo as

súas necesidades diarias para que poidan desenvolver plenamente a súa vida familiar

e laboral, facendo de Ponteareas un fogar no que as persoas sempre conten.

O Campus Tea Nadal amplía o prazo de inscrición