sábado. 20.04.2024

É un pracer para min, como alcaldesa de Salvaterra de Miño,  municipio transfronteirizo, dar a benvida a este  novo periódico dixital que nos achegará dunha forma máis directa a información da nosa raia. Un xornal, DL-G, que nos fará crecer como territorio e valorizará todas aquelas cousas que nos unen, como é a nosa cultura, a nosa historia, a nosa gastronomía, a nosa xente, o noso patrimonio... o que nos diferencia e nos fai únicos.

Deséxovos todos os éxitos, porque o voso éxito será o noso!!

Valcárcel, alcaldesa de Salvaterra: "DL-G nos fará crecer como territorio e valorizará...