viernes. 29.03.2024

'Tódalas Mulleres que Coñezo' mañá venres día 22 ás 19.30 horas no centro cultural de Xinzo.

A concellería de Igualdade que dirixe Verónica Carrera convida a toda a cidadanía á proxección do filme 'Tódalas Mulleres que Coñezo' mañá venres día 22 ás 19.30 horas no centro cultural de Xinzo. Enmarcada dentro da programación específica que a concellería a través do CIM deseñou con motivo do vindeiro día 25 de novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero.

Co

obxectivo de rematar coa desigualdade de xénero, Verónica Carrera, reforzou a

programación anual deseñada para concienciar, formar e informar e por fin á

violencia de xénero, con accións específicas que se desenvolven nestes días.

A

directora desta longametraxe, Xiana do Teixeiro, conversará co público sobre o

fío condutor da súa película: o desequilibrio social entre homes e mulleres.

“Tódalas mulleres que coñezo” é unha película feita de conversas cruciais en

tres escenarios enlazados e significativos que arrancan a partir do crime de

Alcásser e os cambios de conduta que trouxeron para as mulleres e o trato

sensacionalista dos medios de comunicación.

Xiana

do Teixeiro é realizadora e artista visual. Cofundadora da produtora Walkie

Talkie Films (2008), especializada en cine documental de autor e video

experimental. É doutora en Comunicación Audiovisual, licenciada en Comunicación

Audiovisual e Periodismo. Creadora e produtora musical, traballa sobre o relato

íntimo, a identidade e a construción do xénero.

Xiana do Teixeiro presentará no centro cultural de Xinzo a súa longametraxe 'Tódalas...