viernes. 19.04.2024

A Banda de Música Xuvenil de Xinzo celebrará cun gran concerto a festividade de Santa Icía (patroa dos músicos) o sábado 23 de novembro, ás 19.00 horas. Será no Auditorio do Centro Cultural Xinzo, cuxo escenario foi ampliado grazas ás obras de mellora realizadas recentemente no edificio e que, entre outras accións, melloraron a acústica do local de ensaio da Banda e de insonorización das aulas de estudo da Escola.


O programa de concerto contén pezas de orixes e características moi diversas, co que se espera agradar a todo o público asistente. Ademais, o director titular Javier Blanco, cederá a súa batuta, de forma que algunhas das pezas que soarán no auditorio, serán dirixidas por directores noveis.


Como ven sendo habitual, aproveitarase a ocasión para presentar aos novos integrantes da banda: María José García (saxofón), Nuria Domínguez (clarinete), Sara Gamote (frauta) e Ismael Represas (percusión). Ao remate do concerto, continuará a celebración coa tradicional cea e a entrega aos músicos dos agasallos con máis retranca do ano.


Dende a Banda de Música Xuvenil de Xinzo convídase a asistir ao concerto e compartir así unha boa tarde de música.

A Banda de Xinzo, nun auditorio recén ampliado, honra a santa Icía no día da patroa da...